A LIBREIRA é un proxecto cultural singular, e nace coa arela de encher un baleiro no cinto metropolitano da Coruña.
Situada na Costa da Tapia de O Temple, a cabalo entre os concellos de Cambre, Oleiros e Culleredo, A LIBREIRA aspira a ser, non só, unha librería de referencia, senón un centro para compartir inquedanzas e contrastar ideas arredor do feito cultural e artístico. Por eso proporá dende tertulias literarias ata un centro de pequenas edicións de novos escritores, pasando por exposicións artísticas de varia índole.
A LIBREIRA prestará moita atención ó fomento da lectura nos nenos, polo que dispón de un importante fondo de libros para nenos e mozos e promoverá encontros culturais para este importante sector do público.
A LIBREIRA pretende ante todo ser un espacio onde os lectores atopen os seus libros nun ambiente cómodo e grato.
E entre as actividades que se propón realizar están a edición dun boletín mensual con novidades literarias e novas sobor da cultura galega, presentación de libros, tertulias, talleres de lectura para cativos, exposicións
bibliográficas temáticas, e moito mais.